Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9571

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1075/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1075/2015 por instancia de Julio Rodríguez García contra as empresas Construmética, S.L. e Kreta Expansión, S.L. sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 18.2.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase parcialmente a demanda formulada por Julio Rodríguez García fronte a Construmética, S.L. e Kreta Expansión, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Kreta Expansión, S.L. ao traballador.

– Declárase extinguida a relación laboral que une o traballador coa mercantil Kreta Expansión, S.L.

– Absólvese Construmética, S.L. das pretensións exercidas fronte a ela.

– Condénase a empresa Kreta Expansión, S.L. ao aboamento ao demandante da indemnización de dous mil novecentos noventa e tres euros con setenta e seis céntimos de euro (2.993,76 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Construmética, S.L. e Kreta Expansión, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 24 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial