Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9569

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (783/2014).

Juicio verbal (JVB) 783/2014-T

Sobre: otros verbal

Demandante: María Socorro Otero Rial

Procuradora: María Miranda Valencia

Avogado: Javier Pascual Garofano

Demandados: Juan Miguel Alonso Ucha, Juan Enrique Parada Vidal

Procurador: Jorge Suárez Garayo

Avogado: José Manuel Nieto Ramilo

Eu, Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza e do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fago saber que no procedemento de xuízo verbal 783/2014-T se ditou sentenza e auto que aclaraba a sentenza, cuxo encabezamento, decisión e parte dispositiva se reproducen integramente e son do teor literal seguinte:

«Sentenza. Vigo, oito de outubro de dous mil quince.

Ana Araceli Muñoz Martín, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número 10 de Vigo e do seu partido, despois de ver os presentes autos de xuízo verbal 783/2014-T, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante María Socorro Otero Rial, con DNI 35972157L, representada pola procuradora María Miranda Valencia e asistida do letrado Javier Pascual Garofano, e doutra como demandados Juan Enrique Parada Vidal, con DNI 52457567H, representado polo procurador Jorge Suárez Garayo e asistido do letrado José M. Neto Ramilo e Juan Miguel Alonso Ucha, con DNI 35990410X, declarado en situación de rebeldía procesual, ditou a seguinte, e decisión. Estimando parcialmente a demanda interposta por María Socorro Otero Rial fronte a Juan Enrique Parada Vidal e Juan Miguel Alonso Ucha debo condenar e condeno a estes a aboarlle en forma solidaria á demandante a cantidade de 3.284,57 € máis os xuros legais e custas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme á D.A. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

«Parte dispositiva. Acordo: aclárase e rectifícase a decisión da sentenza ditada nas presentes actuacións de data 8 de outubro de 2015 no sentido de onde di: “Estimando parcialmente a demanda interposta por María Socorro Otero Rial fronte a Juan Enrique Parada Vidal e Juan Miguel Alonso Ucha, debo condenar e condeno a estes a aboarlle en forma solidaria á demandante a cantidade de 3.284,57 € máis os xuros legais e custas”, debe dicir: “Estimando integramente a demanda interposta por María Socorro Otero Rial fronte a Juan Enrique Parada Vidal e Juan Miguel Alonso Ucha, debo condenar e condeno a estes a aboarlle en forma solidaria á demandante a cantidade de 3.484,57 € máis os xuros legais e custas”.

Expídase certificación desta resolución, que quedará unida a estas actuacións, e lévese o seu orixinal ao libro de resolucións definitivas.

Modo de impugnacion: contra esta resolución non caberá recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.

Así o manda e acorda a súa señoría; dou fe».

Expídese a presente co fin de que lle sirva de notificación a Juan Miguel Alonso Ucha, actualmente en ignorado paradoiro.

Vigo, 8 de xaneiro de 2016

O letrado da Administración de xustiza