Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9568

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

EDICTO (616/2015).

No procedemento de referencia ditouse sentenza con data do 18 de decembro de 2015, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

Que estimando a demanda formulada en autos de xuízo verbal número 616/2015 pola procuradora Dolores Bravo Cores, en representación da comunidade de propietarios do edificio situado no número 23 da rúa San Roque, Vigo, contra a herdanza xacente de Mª Carmen Esperón Carballo na persoa de Eduardo Enrique Alonso Esperón, sobre reclamación de cotas debidas en réxime de propiedade horizontal, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de cinco mil setecentos trece euros con cincuenta e cinco céntimos (5.713,55 euros), así como as custas procesuais causadas.

Contra a presente resolución non cabe interpor recurso ningún de conformidade co disposto no artigo 455.1 da LAC.

Únase esta resolución ao libro da súa clase, deixando nos autos testemuño desta, e notifíqueselles ás partes.

Así, por esta a miña sentenza, decidindo definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Vigo, dezaoito de decembro de dous mil quince.

Así mesmo, con data 5 de xaneiro de 2016, ditouse auto aclaratorio, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor:

Estimar a petición formulada pola procuradora Dolores Bravo Cores, en representación de comunidade de propietarios da rúa San Roque, 63, de aclarar a sentenza ditada no presente procedemento, no sentido que se indica:

Cambiar no corpo e decisión da sentenza o número 23 polo número 63 da rúa San Roque, e manter íntegro o resto dos pronunciamentos.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da herdanza xacente de María del Carmen Esperón Carballo, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 11 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial