Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9574

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (55/2016).

PO procedemento ordinario 55/2016

Procedemento orixe:

Sobre ordinario

Demandante: Aurelio Pereiras Míguez

Avogado: José Cao García

Demandados: Fondo de Garantía Salarial; Galisec, S.L.U.; Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Aurelio Pereiras Míguez contra o Fondo de Garantía Salarial, Galisec, S.L.U., Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº procedemento ordinario 55/2016 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 21.7.2016, ás 10.45 e 10.50 horas, no andar 1º, sala 6, edif. Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial