Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (262/2015).

PO Procedemento ordinario 262/2015

Demandante: Ana María Rodríguez Peón

Demandada: La Reigosa, S.L.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 262/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Rodríguez Peón contra a empresa La Reigosa, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

Resolvo que estimo a demanda interposta por Ana Rodríguez Peón contra a empresa La Reigosa, S.L., e condeno a demandada a que lle aboe a aquel a seguinte cantidade: 2.012,5 euros máis o 10 % de xuro por mora ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, no que se refire ás cantidades de natureza salarial.

Contra a presente resolución non cabe interpor ningún recurso (artigo 31.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Para que lle sirva de notificación en legal forma a La Reigosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial