Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9577

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (62/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución do día da data, no proceso seguido por instancia de María Pilar Ríos Lamas contra o Fondo de Garantía Salarial e Centro Enseñanza Aprendo, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 62/2016, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Centro Enseñanza Aprendo, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 8 de setembro de 2016, ás 10.25 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Centro Enseñanza Aprendo, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 23 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial