Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9579

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (873/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 873/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Busto Gallardo contra a empresa Distribuciones Barral, S.C. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolución:

Que, aceptando integramente a demanda interposta por María Elena Busto Gallardo contra Distribuciones Barral, S.C., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 3.062,36 euros polos conceptos analizados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, percibidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe a responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, debe terse en conta o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Distribuciones Barral, S.C., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial