Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9262

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (210/2015).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 210/2015-MXC

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 482/2014-Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrente: Jesús Fernández Portabales

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 274, Cerramentos Arenteiro, S.L.

Avogado: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Enrique Antonio Álvarez Santana

Procurador: Ramón de Uña Piñeiro

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 210/2015 desta sección, seguido por instancia de Jesús Fernández Portabales contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 274 e Cerramentos Arenteiro, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimamos o recurso de suplicación interposto por Jesús Fernández Portabales contra a Sentenza do Xulgado do Social número 3 de Ourense, do 30 de setembro de 2014, ditada no procedemento 482/2014, sobre incapacidade, e confirmamos o pronunciamento de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde una conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Cerramentos Arenteiro, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza