Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9264

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4328/2015).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4328/2015-MJC

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 965/2014 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorridos: Irene Cabanas González, administración concursal de Pescados Juan Fernández, S.L.U. e Pescados Juan Fernández, S.L.

Avogado: Gil Alfonso López Pérez

Edicto.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4328/2015 desta sala, seguido por instancia do Fogasa contra Irene Cabanas González, administración concursal de Pescados Juan Fernández, S.L.U. e Pescados Juan Fernández, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, nos autos 965/2014 seguidos por instancia da demandante Irene González Cabanas, debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza, con imposición ao organismo recorrente das custas causadas polo seu recurso, que incluirán a cantidade de 550 € en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 o 35 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Pescados Juan Fernández, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de febreiro de 2016

Letrada da Administración de xustiza