Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8901

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (246/2011).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 246/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mario Jorge Pereira de Sousa contra o Grupo Construnor Estructuras, S.L., NovaCaixaGalicia, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Construnor Estructuras, S.L. e Sacyr, S.A.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Acepto o incidente excepcional de nulidade de actuacións interposto por Sacyr Construcción, S.A. e, en consecuencia, declaro a nulidade de actuacións no procedemento ordinario nº 246/2011 deste xulgado a partir da dilixencia de ordenación do 25 de febreiro de 2014. Declaro nulos e sen efecto todos os actos posteriores á dita resolución, incluídos os actos de conciliación e xuízo oral e a sentenza ditada no procedemento, e ordeno a reposición das actuacións ao momento inmediatamente anterior ao ditado da dilixencia de ordenación do 25 de febreiro de 2014, procedendo á fixación de nova data de sinalización dos actos de conciliación e xuízo oral e acordando a citación a todas as partes na forma legalmente prevista. Mantense unicamente a validez da ampliación da demanda presentada polo demandante con data do 26.5.2014 contra Carlos Manuel Paz Costas, Enrique Feáns García y NovaCaixaGalicia como administradores concursais das entidades Construnor Estructuras, S.L. e o Grupo Construnor Estructuras, S.L. e contra o Fogasa, e a admisión a trámite da dita ampliación de demanda.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 241.2 LOPX e 228.2 da LAC).

A presente resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de autos definitivos. Insírase nas actuacións por medio de testemuño. Lévese testemuño da presente resolución aos autos de procedemento ordinario nº 246/2011, seguidos ante este xulgado, para a súa constancia para os efectos oportunos e procédase ao arquivo da presente peza separada.

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Grupo Construnor Estructura, S.L. e Construnor Estructuras, S.L, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial