Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8899

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 63/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 63/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bárbara Calo Carro contra o Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dezasete de febreiro de dous mil dezaseis.

Únase a anterior cédula de citación negativa do Servizo Común de Notificacións e Embargos de Santiago de Compostela á mercantil Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel).

Visto o anterior, acórdase a suspensión da comparecencia prevista para o próximo día 23.2.2016 ás 13.45 horas, e acórdase citar de comparecencia as partes, o Fogasa e o Grupo Noecor, S.L., Ade Asesores de Empresa, S.L., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Herfran Asesores, S.L., Pérez Fadon Asesores, S.L., Asesoría Técnica Administrativa, S.L., Grupo PFA Formación Continua, S.L., fronte aos cales se solicita a ampliación da execución, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e logo de consulta da axenda programada deste órgano xudicial, sinálase o próximo día 14.3.2016, ás 13.45 horas, na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita en rúa Berlín, s/n, Polígono das fontiñas.

Expídanse as citacións correspondentes e cítese a Segaprel, en ignorado paradoiro, a través de edicto que se publicará no Diario oficial de Galicia.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén ela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A secretaria xudicial.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ao Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial