Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada con relación a un recurso de reposición.

Con data do 9 de febreiro de 2016 o director xeral da Función Pública ditou resolución sobre o recurso de reposición formulado o 18 de xaneiro de 2016 por Ignacio Santiago Santos Piñeiro contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 11 de xaneiro de 2016 pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso (FO115) para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia convocado pola Resolución do 19 de maio de 2015.

Logo de intentar, dúas veces, a notificación da citada contestación a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Ignacio Santiago Santos Piñeiro a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública