Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0131 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 18 de febreiro de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0131.

Interesado: José Antonio Campo Montero.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2014-0153.

Interesada: Adriana Tarrío García.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2014-0189.

Interesado: Sorin Roua.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2014-0228.

Interesada: Composmotor Santiago, S.L.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2014-0243.

Interesada: Ageco Aplicaciones Industriales, S.L.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva.