Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 2015/242-1).

Expediente: IN407A 2015/242-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: LMT, CTC e RBT Casal de María.

Concello: Cedeira.

Feitos:

1. O 17 de agosto de 2015 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,804 km, coa orixe no paso aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 34/8 existente da LMT CDR-806 (expediente 3266), tramo entre a derivada ao CT Viciñeira (expediente 3266) e a derivada ao CT Pasada (expediente 14759), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no CT Casal de María (proxectado).

– Centro de transformación prefabricado compacto manobra exterior con envolvente de formigón 2L+1P Casal de María, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20000/400-230 V.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 17.9.2015.

– DOG: 13.10.2015.

– BOP: 29.9.2015.

– Xornal La Voz de Galicia: 22.12.2015.

– Taboleiro de anuncios do Concello: do 23.10.2015 ao 30.10.2015.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

No certificado de exposición pública do Concello non se indica que se formulasen alegacións.

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións:

– Vicente Calvo Loureiro (predio nº 1), mediante escrito recibido o 5 de novembro de 2015, solicita que sexan valoradas as seguintes alegacións:

– A uns 200 metros xa existe un transformador á beira da estrada que une as parroquias de Esteiro e San Román.

– A parcela da súa propiedade é edificable na actualidade, polo que prexudicaría o seu valor.

– Algúns propietarios vense moi afectados por estas expropiacións, tanto no terreo forestal como no solo edificable.

Destas alegacións déuselle traslado ao promotor que contestou:

– Escrito recibido o 24 de novembro de 2015, no cal se valoran as alegación presentadas por Vicente Calvo Loureiro (predio nº 1), en que, en síntese, manifesta o seguinte:

– Nin o centro de transformación a que fai referencia o alegante nin a rede de baixa tensión existentes son suficientes para atender a subministración coas garantías de calidade e seguridade debido ao aumento da demanda de enerxía neste lugar do concello de Cedeira.

– As novas afección xeradas localízanse sobre terreo que xa ten constituída unha servidume de paso aérea de enerxía eléctrica, e no linde da parcela coa estrada, polo cal no solo que agora se volve afectar xa non existían posibilidades edificatorias.

– O Xurado de Expropiación de Galicia é o encargado de valorar o prexuízo que se produce neste predio pola construción das instalacións eléctricas previstas no proxecto, conforme a lexislación aplicable, co fin de que non se produza unha perda no patrimonio do seu propietario.

5. Solicitouse o preceptivo informe aos seguintes organismos:

– Concello de Cedeira: non consta informe, polo que se entende a conformidade coa instalación.

– CMATI (Axencia Galega de Infraestruturas): non consta informe, polo que se entende a conformidade coa instalación.

– Deputación provincial: non consta informe, polo que se entende a conformidade coa instalación.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 194, do 9 de outubro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación, non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións de Unión Fenosa Distribución, S.A., cómpre sinalar:

– En relación coas alegacións realizadas por Vicente Calvo Loureiro (predio nº 1), realízanse as seguintes valoracións:

– De acordo co proxecto achegado, a obra é necesaria debido ao incremento da demanda de potencia no lugar de Casal e a mala situación do centro de transformador existente.

– O Xurado de Expropiación de Galicia é o encargado de valorar o prexuízo que se produce neste predio pola construción da instalación eléctrica prevista no proxecto, conforme a lexislación aplicable, co fin de que non se produza unha perda no patrimonio do seu propietario.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as hai, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña