Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 26 de outubro de 2015, relativa ao proxecto do Parque Eólico Prado Vello, nos concellos de Rodeiro (Pontevedra), Chantada e Taboada (Lugo), promovido por Breotecnia, S.A.

Unha vez visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG núm. 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 26 de outubro de 2015, relativa ao proxecto do Parque Eólico Prado Vello, nos concellos de Rodeiro (Pontevedra), Chantada e Taboada (Lugo), promovido por Breotecnia, S.A., e que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas