Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8623

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (574/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 574/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Manuel Muñiz López contra a empresa Manuel Martínez Ulloa, Cervexaría Totem, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver estes autos seguidos neste xulgado co nº 574/2013, sendo parte neles, dun lado, como demandante, José Manuel Muñiz López, asistido polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, e como demandados, a empresa Manuel Martínez Ulloa, representada por Manuel Martínez Ulloa e asistida do letrado Ángel Trashorras Lodos; os integrantes de Cervecería Totem, S.L. non comparecen a pesar de estaren citados en forma legal, igual ca o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolvo:

Que debo rexeitar e rexeito a demanda interposta por José Manuel Muñiz López, con citación do Fogasa, contra a empresa Cervecería Totem, S.L., con absolución do demandado.

Apróbase a desistencia respecto de Manuel Martínez Ulloa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deben anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma aos integrantes de Cervecería Totem, S.L., Luis Alberto Fernández Varela e Jorge López López, ambos os dous en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial