Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8625

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (653/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 653/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Novo Carracedo contra a empresa Transportes Oza, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha como demandante David Novo Carracedo, que comparece asistido da letrada Elena Cardezo Añón, e doutra como demandados Transportes Oza, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, sobre salarios, pronunciou en nome da súa maxestade o rei a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta polo actor David Novo Carracedo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Transportes Oza, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 7.070,32 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis os xuros legais que correspondan.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Oza, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial