Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8627

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (85/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 85/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alberto Maceiras López e Juan Maceiras López contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), empresa Salvador Beltrán Moreno, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza:

A Coruña, 30 de setembro de 2015.

Eu, Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 85/2014, en que son parte, dunha banda, como demandantes, José Alberto Maceiras López e Juan Maceiras López, representados polo procurador Luis Painceira Cortizo e asistidos da letrada María Cristina Terrón Malvís, e como demandados o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparece malia a citación en legal forma, e a empresa Salvador Beltrán Moreno, que non comparece malia a citación en legal forma, sobre despedimento, pronunciei en nome da Súa Maxestade o Rei a seguinte sentenza:

Que, estimando a demanda interposta por Josefa López Quintián contra a empresa Salvador Beltrán Moreno, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 542,44 €. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 39,45 €/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpor recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma á mercantil empresa Salvador Beltrán Moreno, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial