Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8622

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (802/2015).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña, se ditou resolución con data do 5 de febreiro de 2016, dirixida a Setillas, S.L., podendo interpoñer os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días, facéndolle saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Setillas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Na Coruña, 5 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial