Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 25 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro correspondente ao expediente de reintegro de subvencións á promoción do emprego, regulado na Orde do 21 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 105, do 4 de xuño), relativas ao expediente TR349C 2014/097-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación do acordo de inicio do procedemento de reintegro no último domicilio coñecido da interesada sen que esta se puidese practicar, notifícase ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non o faceren así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para alegaren o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince días, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Vigo, 25 de febreiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente de reintegro: REINT 2015/153-5.

Número de expediente en xestión: TR349C 2014/097-5.

Nome: Automóviles Licar Barro, S.L.

CIF/NIF: B36359776.

Último enderezo coñecido: lg. Fonte de Curro, s/n, Barro 36191.

Norma reguladora: Orde do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Feito imputado: non manter aos traballadores subvencionados por un período mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base sétima punto 1 do anexo I da mencionada Orde do 21 de maio de 2014.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Data do acordo: 9.7.2015.