Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 25 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución de reintegro de subvención á promoción do emprego, regulado na Orde do 28 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 107, do 6 de xuño), relativa ao programa TR349A.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución administrativa no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, rúa Concepción Arenal 8-2º, en Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa nos procedementos que se relacionan no dito anexo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 25 de febreiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: Reint. 2015/005-5.

Nº de expediente en xestión: TR349A 2013/203-5.

Nome: Keblia, S.L.

CIF/NIF: B94080520.

Último enderezo coñecido: lg. Larache 16, Cobres, Vilaboa 36141.

Norma reguladora: Orde do 28 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 107, do 6 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Feito imputado: non manter os traballadores subvencionados por un período mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base sétima, punto 1, do anexo I da mencionada Orde reguladora do 28 de maio de 2013.

Contido da resolución: resolución do recurso de reposición do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 20.8.2015.