Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 24 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2011/0063-4.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible efectuala, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, no Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2011/0063-4.

Acta: I362011000002144.

Empresa: Soluciones Integrales Pivasan, S.L.

NIF: B-27720184.

Enderezo: r/ Ribeira do Berbés 43, 1º, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 15.1.h), 16, 17.2, 19 e 22 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigos 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14 e 16 do Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1.b), 12.8, 12.2, 12.16.f), 39.3.a) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data de resolución: 4.2.2016.

Resolución: multa de 36.000 €.

Vigo, 24 de febreiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra