Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o Acordo do 1 de febreiro de 2016 que sinala a data para o pagamento do prezo xusto pola expropiación dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2008/378-1).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

Primeiro. Notificarlle, mediante o presente anuncio, a Eduardo García Nogueira o Acordo do 1 de febreiro de 2016, que sinala a data para o pagamento do prezo xusto do predio número 8 do expediente expropiatorio IN407A 2008/378-1, sito no concello de Touro, cuxos datos se relacionan no anexo.

Segundo. Este anuncio publícase para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben, intentada a notificación, non se puidese efectuar.

A Coruña, 22 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: instalación eléctrica denominada LMTA, CTA, RBTA Mourelos-O Poboado.

Expediente: IN407A 2008/378-1.

Predio: 8.

Persoa que se notifica: Eduardo García Nogueira.

Expropiante: Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Concello: Touro (A Coruña).

Lugar, data e hora de realización do acto notificado: Casa do Concello de Touro, o día 30 de marzo de 2016 (mércores), ás 11.00 horas.