Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o Acordo do 22 de febreiro de 2016 que sinala a data para o pagamento do prezo xusto pola expropiación dunha instalación de gas no concello de Cerceda (expediente IN627A 2009/2-0).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

Primeiro. Notificarlles, mediante o presente anuncio, ás persoas indicadas no cadro do anexo, o Acordo do 22 de febreiro de 2016 que sinala a data para o pagamento do prezo xusto dos predios números C-CE-2A07, C-CE-3A21, C-CE-3A24, C-CE-3A31 e C-CE-4A01 do expediente expropiatorio IN627A 2009/2-0, sitas no concello de Cerceda, cuxos datos se relacionan no anexo.

Segundo. Este anuncio publícase para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben, intentada a notificación, non se puidese efectuar.

A Coruña, 24 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe Territorial da Coruña

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: obras do gasoduto no eixe APA-16 Cerceda.

Expediente: IN627A 2009/2-0.

Expropiante: Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña.

Entidade beneficiaria: Gas Galicia SDG, S.A.

Concello: Cerceda (A Coruña).

Lugar, data e hora de realización do acto notificado: Casa do Concello de Cerceda, o día 7 de abril de 2016 (xoves), ás 11.00 horas.

Predios e titulares notificados:

Predio

Polígono

Parcela

Titular

Incidencia

C-CE-2A07

21

150

Descoñecido

C-CE-3A21

23

341

Julio Seoane Fariña

Non se puido efecutar a notificación

C-CE-3A24

23

618

Descoñecido

C-CE-3A31

23

373

Manuel Castro Grela

Non se puido efectuar a notificación

C-CE-4A01

23

373

Manuel Castro Grela

Non se puido efectuar a notificación