Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do acordo marco cun único empresario e dos contratos derivados del correspondentes ao servizo de mantemento de portas automáticas, ascensores e outros aparellos de elevación pertencentes aos centros e dependencias administrativas dependentes da Consellería de Traballo e Benestar (expediente 20/2015).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 20/2015.

d) Enderezo na internet de perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento de portas automáticas, ascensores e outros aparellos de elevación pertencentes aos centros e dependencias administrativas dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

c) División por lotes:

Lote 1: centros situados nas provincias da Coruña e Lugo.

Lote 2: centros situados nas provincias de Ourense e Pontevedra.

d) CPV: 50750000-7 servizos de mantemento de ascensores.

e) Acordo marco: si.

f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Traballo e Benestar.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Data do anuncio no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 28 de xullo de 2015.

Data do anuncio de ampliación de prazo de presentación de proposicións no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 18 de agosto de 2015.

Data do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE): 5 de agosto de 2015.

Data do anuncio de ampliación de prazo de presentación de proposicións no Boletín Oficial del Estado (BOE): 18 de agosto de 2015.

Data do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG): 14 de agosto de 2015.

Data do anuncio de ampliación do prazo de presentación de proposicións no Diario Oficial de Galicia (DOG): 19 de agosto de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: oitocentos noventa e sete mil oitocentos corenta euros (897.840,00 €) incluídas as posibles modificacións e prórroga.

El valor estimado por lote:

Lote 1: centros situados nas provincias da Coruña e Lugo: catrocentos noventa e oito mil douscentos corenta euros (498.240,00 €).

Lote 2: centros situados nas provincias de Ourense e Pontevedra: trescentos noventa e nove mil seiscentos euros (399.600,00 €).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación do acordo marco: 8 de xaneiro de 2016.

b) Data de formalización dos contratos derivados: 9 de febreiro de 2016.

c) Contratista:

Lote 1: Zardoya Otis, S.A.

Lote 2: Thyssenkrupp Elevadores, S.L.U.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación:

Lote 1: cincuenta e catro mil novecentos oitenta e tres euros con vinte e cinco céntimos (54.983,25 €).

Lote 2: corenta e nove mil catrocentos cincuenta e dous euros con setenta céntimos de euro (49.452,70 €).

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2016

P.D. (Orde do 19.8.2009; DOG núm 172, do 2 de setembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social