Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en diversos requirimentos para a presentación das memorias anuais de actividades dos centros de acuicultura.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento para a presentación das memorias anuais de actividades de centros de acuicultura en augas continentais.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar as ditas memorias se computará desde esa publicación.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Enderezo

Concello

Acuicultura de Galicia, S.A.

Requirimento de memorias anuais de actividades

Borraxeiros, 18, (Fózara)

Ponteareas

Carballino Industrial, S.L.

Requirimento de memorias anuais de actividades

Areos, s/n

O Carballiño

Isidro Fernández Anta

Requirimento de memorias anuais de actividades

Muíño do Castelo, A Pedra

Cariño