O centro privado Divino Maestro, do concello de Ourense, solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de formación profesional básica en Informática de Oficina.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
DISPOÑO:
Primeiro. Autorizar o ciclo formativo de formación profesional básica en Informática de Oficina no centro que se sinala:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Divino Maestro.
Código: 32008665.
Enderezo: rúa Madre Soledad, nº 1.
Localidade: Ourense.
Concello: Ourense.
Código postal: 32001.
Provincia: Ourense.
Titular: Misioneras del Divino Maestro.
Composición resultante:
a) Educación infantil 2º ciclo: 3 unidades.
b) Educación primaria: 6 unidades.
c) Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.
d) Educación especial: 1 unidade.
e) Ciclo formativo de formación profesional básica en Informática de Oficina (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.
Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria