Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8561

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 15 de febreiro de 2016 pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2015/16.

BDNS (Identif.): 301648.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Cidadán da Unión Europea ou estranxeiro non comunitario, residente en España, matriculado no curso 2015/16 en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas artísticas superiores, que tivesen obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2015/16 e non tivesen gozado desta axuda en convocatorias anteriores, e cunha duración mínima da estadía de 3 meses e máxima de 9 meses

Segundo. Obxecto

Axudas complementarias ás da Unión Europea e do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, para estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior no curso 2015/16.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 15 de febreiro de 2016 pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2015/16.

Cuarto. Importe

150 €/mes, 120 €/mes ou 80 €/mes, dependendo do país de destino, cun orzamento máximo total de 25.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela,15 de febreiro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria