Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8460

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (540/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 540/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elizabeth Gálvez Sabino e Yanet Cruz Concepción contra Hostelería Unida, S.A. (Hotel Husa Center), Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 44/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 540/2013

Demandantes:

Elizabeth Gálvez Sabino

Yanet Cruz Concepción

Letrado: Sr. Martínez Ramonde

Demandados:

Hostelería Unida, S.A.

Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrado:

Sentenza nº 44/2016

A Coruña, 11 de febreiro de 2016

Resolución:

1º. Considérase que as demandantes desisten da pretensión dirixida fronte a Hostelería Unida, S.A.

2º. Estimo a demanda formulada por Elizabeth Gálvez Sabino e Yanet Cruz Concepción fronte a Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar:

– A Elizabeth Gálvez Sabino, a cantidade de 6.351,92 euros.

– A Yanet Cruz Concepción, a cantidade de 6.287,46 euros.

3º. O Fogasa deberase ater á presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS, cos límites previstos no artigo 33 ET.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Hostelería Unida, S.A. (Hotel Husa Center), Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial