Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (60/2012).

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 60/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Pavimentos Compostela, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que, estimado integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra Pavimentos Compostela, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 959,71 euros ademais da cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 da Lei reguladora da xurisdición social).

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Pavimentos Compostela, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial