Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8163

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (257/2012).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza o 15 de febreiro de 2013, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A Coruña, 14 de xaneiro de 2015.

No recurso de apelación civil número 257/2012, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Corcubión, en xuízo ordinario número 161/2010, sendo a contía do procedemento 8.601,14 euros, seguido entre partes, como apelante Carmen Rodríguez Castro, representada polo procurador Ramón Campos, e como apelados Manuela, Ramón e Manuel Bello Martínez. É relator Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decido que, desestimando o recurso de apelación interposto por Carmen Rodríguez Castro, contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Corcubión, en autos de xuízo ordinario 161/2010, debemos confirmar e confirmamos a referida resolución en todos os seus puntos, con imposición das custas á parte apelante.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Manuela, Ramón e Manuel Bello Martínez, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2016

A secretaria