Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8164

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (15/2016).

Eu, Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 15/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia Miguel Nuno dos Santos Esperanço contra UTE Urzáiz Soutomaior e Regal Tempo, S.L. sobre ordinario, se ditaron as resolucións nas que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada con data do 28.9.2015 no procedemento ordinario (cantidade) seguido ante este xulgado co número de autos 509/14 a favor da parte executante Miguel Nuno dos Santos Esperanço fronte a UTE Urzáiz Soutomaior (formado por Vías y Construciones, S.A. e Corsan-Corviam Construcción, S.A.), Regal Tempo, S.L., partes executadas sen carácter solidario por importe de 2.091,11 euros de principal (correspondendo 1.084,41 á UTE Urzáiz-Soutomaior, 985,82 euros de principal e 98,59 euros do xuros de demora procesual do 10 %, e 1.006,70 a Regal Tempo, S.L., 915,19 euros de principal e 91,51 euros do xuro de demora procesual do 10 %) e de 200 euros de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

– Requirir ás exectuadas co fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos abondos para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Regal Tempo S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2016

O secretario xudicial