Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8169

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1227/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1227/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ibermutuamur, S.L.U. contra Caolines Norte de España, S.A., Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Instituto Nacional da Seguridade Social e Josefa Amenedo Losada, sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña.

Sentenza: 36/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: seguridade social 1227/2013.

Demandante: Ibermutuamur, S.L.U.

Letrada: Sra. Orjales Mariño.

Demandado: Caolines Norte de España, S.A.

Letrado:

INSS, TXSS

Letrada: Sra. Pardo Costas.

Josefa Amenedo Losada.

Letrada: Sra. Maiztegui Martínez.

(Sentenza 36/2016).

A Coruña, 3 de febreiro de 2016.

Resolvo estimo a demanda formulada pola mutua Ibermutuamur, S.L.U. contra o INSS, TXSS e Josefa Amenedo Losada e, en consecuencia, declaro que a responsabilidade polas prestacións de morte e supervivencia recoñecidas á Sra. Amenedo Losada polo falecemento do seu home Sr. Valledor Miranda non lle corresponde á mutua demandante.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que conste e sirva de notificación a Caolines Norte de España, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial