Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8167

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (14/2015).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de seguridade social 14/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Paz del Río contra Conde García, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Mutua Fremap, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, TGSS sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña

Sentenza: 44/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: seguridade social 14/2015

Demandante: María del Carmen Paz del Río

Letrado: Sr. Guerra Mengual

Demandado: INSS

Letrado: Sr. González Quintás

– Conde García, S.L.

Letrado:

– Mutua Fremap Accidentes de Trabajo

Letrado: Sra. Gómez Lage

Sentenza nº 44/2016.

A Coruña, 3 de febreiro de 2016.

Resolvo:

Desestimo a acción sobre recoñecemento de incapacidade permanente formulada por María del Carmen Paz del Río fronte ao INSS, TXSS, Conde García, S.L. e Mutua Fremap Accidentes de Traballo e, en consecuencia, confirmo a resolución impugnada.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E, para que conste e sirva de notificación a Conde García, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial