Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7345

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (378/2014).

José-Manuel Vaamonde Fernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 378/2014 seguido por instancia de Grupo Leche Pascual, S.A. fronte a Nova Albariza, S.L. ditouse sentenza, cuxa rerolución é a seguinte:

Decido que, estimando como se estima integramente a demanda interposta o procurador Francisco J. Gómez Castro, actuando en nome e representación de Grupo Leche Pascual, S.A., contra Nova Albariza, S.L., condénase a devandita demandada a pagar á demandante a cantidade de 59.787,67 euros, cos xuros legais fixados na Lei 3/2004, segundo o establecido no fundamento xurídico cuarto desta resolución, con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso interpoñerase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á notificación da presente resolución.

Así o acordo, mando e asino.

E encontrándose o devandito demandado, Nova Albariza, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Noia, 18 de decembro de 2015

O secretario xudicial