Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7346

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (15/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 15/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Vázquez García contra Autoarte Galicia, S.L., Coruñesa de Parabrisas, S.L., Vidrio Arte Coruña, S.L., Vidrio Arte Galiza, S.L., Luis Manuel García Rodellino, Auto Arte Coruña, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 45/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 15/2015.

Demandante: Eduardo Vázquez García.

Letrado: Sr. Vázquez López.

Demandado: Autoarte Galicia, S.L., Coruñesa de Parabrisas, S.L., Vidrio Arte Coruña, S.L., Auto Arte Coruña, S.L., Vidrio Arte Galiza, S.L. e Luis Manuel García Rodellino.

Letrado:

Fogasa

Letrado

Sentenza 45/2016.

A Coruña, 3 de febreiro de 2016.

Resolución:

1. Estimo a demanda formulada por Eduardo Vázquez García contra Autoarte Galicia, S.L., Coruñesa de Parabrisas, S.L., Vidrio Arte Coruña, S.L.. Auto Arte Coruña, S.L., Vidrio Arte Galiza, S.L. e Luis Manuel García Rodellino e, en consecuencia, condeno solidariamente a estes últimos a lle aboar ao demandante a cantidade de 7.927,21 euros en concepto de complemento de prestación de IT polo período de tempo que media entre o 23.10.2006 e o 17.8.2007, así como xuro de demora do 10 % do, de conformidade co artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

2. O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Autoarte Galicia, S.L., Coruñesa de Parabrisas, S.L., Vidrio Arte Coruña, S.L., S.L., Luis Manuel García Rodellino, Auto Arte Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial