Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7348

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (891/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 891/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Moisés Camafeira Pérez contra Limpiezas El Polígono, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza co número 13/2016, o 29 de xaneiro de 2016, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Moisés Camafeira Pérez contra Limpiezas El Polígono S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir as sumas indicadas na demanda, polos conceptos sinalados nesta e no feito probado quinto desta resolución e, en consecuencia, debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.917,56 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial