Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7349

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1064/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1064/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Bendaña Rodríguez contra Malde Antic, S.L., Oyalia, S.L., Manuel Malde y Cía., SRC, Manuel Malde López, C.B., Marina Bodelón Montecelos, Óscar Malde Pardo de Andrade, Myriam Tellería González, herdeiros de Alfredo Malde Pardo: Alfredo Malde Correa e Carlos Malde Correa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Sentenza: 2/2016.

Procedemento ordinario número 1064/2013.

En Santiago de Compostela o 25 de xaneiro de 2016.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 1064/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Javier Bendaña Rodríguez, asistido e representado polo letrado Xosé Febrero Bande, contra Manuel Malde López Comunidad de Bienes, que non comparece, Manuel Malde y Cía., SRC, que non comparece, Malde Antic, S.L., que non comparece, Oyalia, S.L., que non comparece, Marina Bodelón Montecelos como administradora concursal de Oyalia, S.L., que non comparece, Óscar César Malde Pardo de Andrade, que non comparece, Miryam Tellería González, que non comparece, e Alfredo Malde Correa e Carlos Malde Correa, que comparecen por si mesmos, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Manuel Malde y Cía., SRC, Manuel Malde López Comunidad de Bienes, Óscar César Malde Pardo de Andrade e Miryam Tellería González solidariamente a aboar ao demandante 11.085,15 euros brutos, cantidade que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno o Fogasa a avirse a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS. Absólvese a Alfredo Malde Correa e Carlos Malde Correa.

Tense a parte demandante por desistida da acción contra Oyalia, S.L. e Malde Antic, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza