Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7351

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (286/2015).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 286/2015

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 339/2015

Sobre: despedimento

Demandante: Rosa María Bahamonde Liñares

Avogada: Sonia Gil Martínez

Demandados: Zapatos y Complementos Bari, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 286/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Bahamonde Liñares contra a empresa Zapatos y Complementos Bari, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto en data 4 de febreiro de 2016 e decreto en data 8 de febreiro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a Rosa María Bahamonde Liñares con Zapatos y Complementos Bari, S.L. e condeno a dita empresa a aboarlle ao executante 18.695,98 euros en concepto de indemnización e 16.190,79 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de non se proceder ao cumprimento da presente resolución, continuará a presente execución como monetario polo importe total de 34.886,77 euros máis 3.488,67 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Tense a parte demandante por desistida da execución do pronunciamento da sentenza relativo aos 1.147 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Zapatos y Complementos Bari, S.L. pola cantidade reclamada de 34.886,77 euros de principal (18.695,98 € indemnización + 16.190,79 € salarios de tramitación), máis 3.488,67 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas. Se non pagase no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número 5076 0000 64 0286 15, procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Zapatos y Complementos Bari, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0286 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0286 15”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Zapatos y Complementos Bari, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial