Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7065

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (724/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 724/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcela Mabel Orquera Orquera contra Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Marcela Mabel Orquera Orquera contra a entidade Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que Marcela Mabel Orquera Orquera foi obxecto en data do 6 de xuño de 2015, e condeno a que a entidade Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento, dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, ata a notificación desta resolución, que ascenden a 31,38 euros diarios ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 258,88 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Marcela Mabel Orquera Orquera contra a entidade Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. a que aboe á demandante a cantidade de 423,61 euros brutos, polos salarios devindicados en xuño de 2015 (con inclusión da parte proporcional de pagas extra), así como a compensación económica polas vacacións non gozadas no ano 2015, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este Xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Centro de Belleza Carmen, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial