Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7067

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (750/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 750/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfonso Jesús Barrera García contra Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, "ver PDF" No, administración concursal de Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L., administración concursal de Cristina Aguiar Rios, administración concursal de Transportes Teolindo Dos, sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo de desestimar e desestimo a demanda de extinción de relación laboral e despedimento formulada por Alfonso Jesús Barrera García contra Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L. e a administración concursal desta última, "Ver PDF" No e o Fondo de Garantía Salarial, recoñecendo a competencia do Xulgado do Mercantil da Coruña, que declarou a extinción colectiva dos contratos de traballo dos empregados da mercantil concursada entre os cales se incluíu o aquí demandante.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L. e "Ver PDF", en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial