Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6741

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas e a ordenación de volumetría e estética na rúa Nova 52-54.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 21.12.2015, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas e a ordenación de volumetría e estética das unidades edificatorias 140122 e 140123 (rúa Nova 52-54) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior (PEPRI), solicitado por Sagal Inversiones, S.L., co condicionante exposto no informe da directora xeral do Patrimonio Cultural do 12.2.2015 (do que se deu traslado á parte interesada con data do 29.9.2015) que a seguir se transcribe no seu teor literal:

«Os proxectos que desenvolvan o contido do estudo de detalle deben recoller que se debe reducir a apertura do oco da medianeira en planta baixa, prolongando a súa conservación máis aló do núcleo de comunicacións e cara ao fondo da parcela, cando menos un metro en cada ámbito, o cal deberá ser comprobado polo Concello de Lugo no trámite de licenza correspondente, segundo as competencias que lle corresponden en relación co que determina o artigo 47.2 da LPCG».

O acordo de aprobación definitiva do dito estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia con data do 29.1.2016, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 29 de xaneiro de 2016

José Antonio Carro Asorey

P.D. (Decreto 15010037)

Secretario xeral do Pleno

Xosé Daniel Piñeiro Villares

Tenente alcalde delegado da Área de

Desenvolvemento Sostible e Persoal