Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6742

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porqueira

ANUNCIO de delimitación do núcleo rural de Fontemoura.

Unha vez aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno do día 17 de decembro de 2015, o proxecto de delimitación de solo do núcleo rural de Fontemoura, de acordo coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes ou obter copias.

Porqueira, 22 de decembro de 2015

Blasinda Salgado Rivera
Alcaldesa en funcións