Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6743

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porqueira

ANUNCIO da aprobación definitiva do plan dotacional en Forxa.

Por Acordo do Pleno do 8 de xaneiro de 2016, en sesión ordinaria, aprobouse definitivamente o plan especial para protexer, rehabilitar e mellorar o medio rural no lugar de Forxa. O que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

«A alcaldesa propón que se aprobe o proxecto do plan especial para a súa remisión á Xunta de Galicia.

Visto o expediente, sométese a dita proposta á consideración do Pleno co seguinte resultado: unanimidade dos presentes (6) de 7.

Resulta aprobado o plan especial para a execución de dotacións urbanísticas e protección, rehabilitación e mellora do medio rural no lugar de Forxa por maioría absoluta do Pleno».

Contra este acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que vostede poida interpor calquera outro recurso que poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

Porqueira, 22 de xaneiro de 2016

Blasinda Salgado Rivera
Alcaldesa en funcións