Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6744

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ramirás

ANUNCIO do estudo de detalle referente á construción dun muro de cerramento de parcela.

Unha vez aprobado inicialmente con data do 26.1.2016 o estudo de detalle, redactado por instancia de parte por Julia Vázquez Fernández, de construción de muro de cerramento de parcela, referido ao lugar de Paizás, referencia catastral 32069A503017020000DR, parcela 1702, polígono 503, Ramirás, co obxecto de reaxustar as aliñacións e os recuamentos.

En cumprimento da Resolución da Alcaldía do 26.1.2016 e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente á información pública polo prazo de vinte (20) días, que se contarán desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou na prensa local.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren oportunas.

Ramirás, 29 de xaneiro de 2016

Juan Carlos Rodríguez Matías
Alcalde