Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de directivos deste concello.

No BOP da Coruña número 27, do 11 de febreiro de 2016, publícanse as bases específicas da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos seguintes postos de traballo:

– Director/a da Área Técnica de Desenvolvemento Urbano e Sostible.

– Director/a da Área de Persoal, Contratación e Informática.

O prazo de presentación de solicitudes é de quince días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

P.D. (Xunta de Goberno local do 17.6.2015)
María Rozas Pérez
Concelleira delegada de Economía e Facenda