O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 29 de decembro de 2015, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, por Acordo do Pleno do Consorcio Provincial adoptado na sesión do día 28 de outubro de 2015, das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na Tesouraría do Consorcio Provincial.
A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pontevedra, 14 de xaneiro de 2016
Mª del Carmen Silva Rego |
Carlos Cuadrado Romay |
Presidenta da Deputación Provincial |
Secretario da Deputación Provincial |