Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6747

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación do Concello de Mondariz-Balneario en materia de xestión de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 29 de decembro de 2015, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Mondariz-Balneario, por Acordo do Pleno municipal do 29 de outubro de 2015, das facultades de recadación das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico.

A citada delegación e a encomenda de xestión serán realizadas pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2016

Mª del Carmen Silva Rego

Carlos Cuadrado Romay

Presidenta da Deputación Provincial
de Pontevedra

Secretario da Deputación Provincial
de Pontevedra