Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2015.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión extraordinaria e urxente realizada o día 23 de decembro de 2015, adoptou o acordo nº 2/882, na parte dispositiva do cal se fai constar:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2015, co número de prazas de persoal funcionario e de persoal laboral que figuran no anexo, coa indicación das categorías profesionais en que se distribúen.

Segundo. As bases das convocatorias que se van realizar conterán o sistema de selección que se determine, dentro do marco legal vixente, tendo que garantir, en todo caso, os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade consagrados na constitución.

Terceiro. O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Lugo, 18 de xaneiro de 2016

P.D. (Decreto 15010037)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal

ANEXO

Persoal funcionario:

– Grupo A1. Escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre, en execución de sentenza). Denominación: técnico/a.

– Grupo A1. Escala de Administración xeral. Número de vacantes: 1 (quenda libre) (cuberta interinamente). Denominación: técnico/a.

– Grupo A2. Escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda de promoción interna). Denominación: enxeñeiro/a técnico/a agrícola.

– Grupo A1. Escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre, en execución de sentenza). Denominación: axente de Emprego e Desenvolvemento Local.

– Grupo A2. Escala de Administración xeral. Número de vacantes: 1 (quenda de consolidación de emprego temporal, en execución de sentenza). Denominación: técnico/a medio de área económica.

– Grupo A2. Escala de Administración especial. Número de vacantes: 2 (quenda libre, en execución de sentenza). Denominación: educador/a social.

– Grupo A2. Escala de Administración xeral. Número de vacantes: 1 (quenda de promoción interna). Denominación: técnico/a medio de xestión.

– Grupo C1. Escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre) (cuberta interinamente). Denominación: técnico/a en xardín de infancia.

– Grupo C1: Escala de Administración xeral. Número de vacantes: 6 (quenda de promoción interna). Denominación: administrativo/a.

– Grupo C1. Escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre) (cuberta interinamente). Denominación: delineante.

– Grupo C1. Escala de Administración especial (básica). Número de vacantes: 2 (quenda de mobilidade). Denominación: policía local.

– Grupo C2. Escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre, reservada a discapacitados/as) (cuberta interinamente). Denominación: oficial lector/a de contadores.

– Grupo C2: Escala de Administración xeral. Número de vacantes: 1 (quenda libre) (cuberta interinamente). Denominación: auxiliar administrativo/a.

– Grupo C2. Escala de Administración especial. Número de vacantes: 6 (quenda libre) (cubertas interinamente). Denominación: bombeiro/a condutor.

– Grupo C2. Escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda de promoción interna) (cuberta interinamente). Denominación: oficial sepultureiro/a.

– Agrupacións profesionais. Escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre, reservada a discapacidade intelectual) (cuberta interinamente). Denominación: axudante de cociña-limpeza.

– Agrupacións profesionais. Escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre, reservada a discapacitados/as) (cuberta interinamente). Denominación: celador/a de colexio público.

Persoal laboral:

– Nivel de titulación: graduado escolar. Número de vacantes: 1 (quenda libre) (cuberta interinamente). Denominación: oficial albanel.

– Nivel de titulación: certificado de escolaridade. Número de vacantes: 1 (quenda de consolidación de emprego temporal) (cuberta interinamente). Denominación: auxiliar do fogar.

– Nivel de titulación: certificado de escolaridade. Número de vacantes: 2 (quenda de consolidación de emprego temporal) (cubertas interinamente). Denominación: peón (especialista).