Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6525

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (10/2012).

No presente procedemento de xuízo verbal número 10/2012, seguido por instancia de José Estévez Pousa, S.L. fronte a María Fernanda Juncal Parada, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza.

Pontevedra, 12 de xuño de 2012

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: José Estévez Pousa, S.L. Procuradora: María del Amor Angulo Gascón. Avogado: José Luis González Cuenca.

Demandada: María Fernanda Juncal Parada (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade (responsabilidade administradora sociedade limitada).

Resolución:

Que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de José Estévez Pousa, S.L. fronte a María Fernanda Juncal Parada, condeno a demandada a lle aboar á demandante, nos termos establecidos no fundamento xurídico terceiro da presente resolución, a suma de 3.585,94 euros máis o xuro legal do diñeiro desde o 12 de xaneiro de 2012.

Con expresa imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá interpor directamente neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E ao estar a dita demandada, María Fernanda Juncal Parada, en rebeldía procesual, expídese este edicto, co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2013

O/A secretario/a xudicial